Investigando dende 2002
RGEAF (Research, Group in Economic Analysis, Accounting and Finance) é un grupo de investigación da Universidade de Vigo que traballa en análisis económico, contabilidade, auditoría e finanzas. O grupo iniciou a súa actividade como tal en maio de 2002 e ten a súa sede na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo. O obxectivo de RGEAF é promover a excelencia académica na investigación e fomentar a transferencia de coñecementos nas áreas de Economía e Empresa.
Financiamento da Xunta de Galicia

Áreas de investigación do RGEAF
A investigación que levan a cabo os membros do RGEAF abarca distintas áreas da ECONOMÍA e a EMPRESA, como son a Teoría de xogos, a Teoría económica, os Métodos cuantitativos, a Economía aplicada, a Responsabilidade social das empresas, a Auditoría e Información Contable, a Educación Financieira, as Finanzas sostibles ou a Igualdade de xénero no lugar de traballo. Estas liñas de investigación desenvólvense co financiamento que o grupo recibe da Xunta de Galicia e a través doutros proxectos de investigación financiados con fondos procedentes de concursos públicos do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, da Comisión Europea ou de entidades privadas como FUNCAS ou a Fundación Carolina. Tamén desenvolve proxectos financiados con fondos doutras entidades, como o Consorcio de la Zona Franca de Vigo, mediante a firma de contratos e convenios.
Difusión
Os membros do RGEAF publican en revistas académicas de difusión internacional nas súas respectivas áreas de especialización, e pertencen a comités científicos de congresos internacionais e a consellos editoriais de importantes revistas académicas como Economic Theory ou Journal of Mathematical Economics, entre outras.