MEMBROS

PERMANENTES

INVESTIGADOR PRINCIPAL DE RGEAF (Catedrático Emérito).


Catedrático de Universidad desde 1989 y Miembro de Honor de la Society for the Advancement of Economic Theory (SAET) desde 2011 y de la Sociedad Española de Economía desde 2012. En 2021 fue galardonado con la Medalla Domingo García-Sabell Rivas otorgada por la Real Academia de Ciencias de Galicia en la especialidad de Ciencias Económicas y Sociales.

En la actualidad, su trabajo de investigación analiza mercados que generan externalidades negativas como la contaminación del aire o del agua, estableciendo derechos que limitan las externalidades (cap-and-trade).

Líneas de Investigación

Formación de precios en mercados con externalidades negativas

 


Loader image


Doutor en Economía pola Universidad Carlos III de Madrid e Profesor Titular da Universidade de Vigo.

Investigador especializado nas áreas de Economía Industrial, Regulación Económica, Economía da Enerxía e Política de Competencia.

Específicamente, o seu traballo analiza distintos aspectos do proceso de liberalización do sector eléctrico, as políticas de promoción das enerxías renovables e o deseño de tarifas para sectores regulados.

Ten realizado colaboracións na asesoría e consultoría relacionada coa industria eléctrica para empresas privadas e organismos públicos. Traballou tamén como asesor na regulación de terminais de contedores para empresas e organismos privados.

 

Liñas de Investigación

Economía da enerxía

Análisis e seguimento do proceso de liberalización do sector eléctrico e inversións en capacidade de xeración en mercados eléctricos liberalizados.

Política de competencia

Céntrase no transporte de viaxeiros por carretera e no funcionamento dos mercados maioritarios e minoritarios de electricidade.

Economía Pública

Trata a análise de estruturas de tarifa aplicadas a servicios de auga e saneamento, xunto coas tarifas de electricidade reguladas e políticas para combater os efectos da conxestión de tráfico nas cidades.

Políticas de promoción de Enerxías Renovables

Análise dos efectos dos mecanismos de apoio ás enerxías renovables sobre a inversión e o funcionamento do mercado eléctrico.

Oferta de Servizos de Transferencia

Informes económicos

Elaboración de informes económicos sobre o funcionamento de mercados enerxéticos.

Deseño e Análise para o benestar dos consumidores

Deseño de tarifas en sectores regulados e análise de impacto sobre benestar de consumidores e calidade de servizo.

Políticas económicas e regulacións

Avaliación de impacto de políticas económicas e regulacións sobre os mercados.

Transporte

Regulación e competencia no sector do transporte portuario e por carreteira.

 


Profesor Titular de Universidade no Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo e Doutor en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela.

Seu traballo xira en torno á Análise Non Lineal, en especial a análise cualitativa de Ecuacións Diferenciais e a teoría de Puntos Fixos. Participa de xeito regular en proxectos de investigación de ámbito autonómico e nacional, e ten publicado numerosos artículos en revistas de prestixio no seu campo.

Liñas de Investigación

Existencia e multiplicidade de solucións para modelos con singularidades.

Novos criterios de unicidade para ecuacións diferenciais ordinarias.

Aplicacións de métodos topolóxicos ao estudo de oscilacións periódicas en diversos modelos físicos.

Teoremas de punto fixo en conos e aplicacións.

Oferta de Servizos de Transferencia

Desenvolvemento de software para o cálculo da función de Green asociada a problemas lineais de orde n con diversas condicións de fronteira.

Autor e editor de libros de divulgación para poñer en valor ante a sociedade a obra de diversos matemáticos e a súa contribución ao desenvolvemento da ciencia.

 


Profesor Titular de Universidade no Departamento de Fundamentos da Análise Económica,  Historia e Institucións Económicas da Universidade de Vigo e doutor en Economía pola Universidade Carlos III de Madrid.

O seu traballo vira ao redor de Equilibrio Xeral e ás súas aplicacións na empresa familiar, economía financeira, economía monetaria, crecemento económico, medio ambiente e economía da familia.

Líñas de Investigación

Equilibrio xeral

Oferta de Servizos de Transferencia

Informe sobre a función loxística e do transporte en Galicia

Determinación do tamaño real do sector loxístico na economía galega.

Informe sobre a extensión da concesión da terminal de contedores do porto de Montevideo 

Informe profesional sobre a concesión da terminal de contedores en réxime de monopolio polo Goberno da República Oriental de Uruguay.

Informe sobre a Silver Economy en Galicia

Informe sobre as oportunidades de negocio para a Silver Economy das empresas galegas.

Acordo de colaboración entre a Universidade de Vigo e a parroquia da Nosa Sra. do Rocío (Diócese de Tui-Vigo)

Informe sobre a evolución de diferentes magnitudes demográficas da parroquia e sobre a orixe dos habitantes ao longo dos seus 50 anos de existencia.

A xestión pública do risco, o incrementalismo, e a priorización do gasto público na Administración Pública Española

Estudo do efecto sobre o benestar da cidadanía trala implementación de diferentes políticas de aforro público en España despois da crise financeira do 2008.

Convenio de Colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización dun Informe de cumplimento dos Plans Eólicos Empresariais

Informe sobre o desenvolvememento dos Plans Estratéxicos e Industriais en Galicia.

A consideración de axuda estatal aos grandes consumidores finais das tarifas eléctricas reguladas

Informe profesional onde se describe o mecanismo de financiación do déficit e se estuda que consumidores se van ver perxudicados e beneficiados por dito mecanismo.

 

   


Profesora Titular de Universidade, docente do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo. Máster en Administración de Empresas (MBA), Instituto de Empresa, Madrid.

O seu traballo investigador xira en torno aos sistemas de control de xestión no sector sanitario, en organizacións do sector agroalimentario e en universidades.

En Transferencia, traballa fundamentalmente en actividades relacionadas co deseño de modelos de cálculo de custos e o uso da información económica para tomar decisións.

 

Liñas de Investigación

Contabilidade de Custos  Management Accounting

Sistemas de Control de Xestión  Management Control Systems

Sistemas de evaluación do rendimento  Performance Measurement Systems

Control de Xestión no sector sanitario, en organizacións do sector agro-alimentario e en universidades  Management control in healthcare sector, agri-food sector and Higher Education Institutions

 

Oferta de Servizos de Transferencia

Modelos de cálculo de custos

Actividades relacionadas co deseño de modelos de cálculo de custos

Evaluación económica de innovacións sanitarias  

Uso da información económica para tomar decisións.

 


Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster e Doctorado en Economía pola Universidade de Vigo. Tamén é graduado en Tradución e Interpretación e máster en Tradución Multimedia pola Universidade de Vigo. Actualmente é Profesor Axudante Doutor no Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo.

A súa investigación céntrase nos modelos económicos que requiren do uso da análise matemática, da teoría de xogos e da estatística.

Liñas de Investigación

Modelos Económicos

Economía Matemática

 


Profesor Titular de Universidade no Departamento de Economía Financiera e Contabilidade da Universidade de Vigo.

O seu traballo de investigación xira en torno á análise e consecuencias da utilización de sistemas de contabilidade e control de xestión, con especial interese no caso de pemes e proxectos emprendedores, sector agroalimentario e sanitario.

 

Liñas de Investigación

Sistemas de Contabilidade e Control de Xestión

Pequenas e medianas empresas

Emprendimento

Sector agroalimentario

Xestión sanitaria

Oferta de Servizos de Transferencia

Deseño de sistemas de contabilidade de custos: cálculo de custo por produto, por actividade e por proceso.

Deseño e avaliación de estratexias (plans estratéxicos)

Deseño e avaliación de indicadores organizacionais (obxectivos e subxectivos): cadro de mando integral

Deseño e avaliación de sistemas de control de xestión: sistemas de incentivos, orzamentos, control interno…

Realización de análises de viabilidade económico-financeira

Estudos socioeconómicos sectoriais

Análise da contorna económica das organizacións

Formación de persoal emprendedor, directivo e técnico: formación especializada e a medida nas áreas da economía financeira e contabilidade.

 


Profesora Titular de Universidade no Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo, e Doctora en Ciencias Empresariais pola misma universidade.

O seu traballo de investigación xira en torno a dúas liñas; por unha parte, auditoría financeira e contabilidade, centrándose na análise dos informes de auditoría e de contas anuais e, por outra, competencias transversais para a empregabilidade.

 

Liñas de Investigación

Auditoría financeira e contabilidade

Competencias transversais para a empregabilidade

 

 


Profesor Titular de Universidade no Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo e Doutor en Matemáticas pola mesma universidade.

O seu traballo de investigación centrouse na análise de modelos matemáticos en economía e finanzas, concretamente na teoría da utilidade e na caracterización da ausencia de arbitraxe en mercados financeiros. Nos últimos anos traballa nunha liña de investigación relacionada coa teoría de xogos cooperativos e os problemas de reparticións. Tamén desenvolve ferramentas informáticas de cálculo relacionadas cos xogos coalicionais e os problemas de bancarrota.

Liñas de Investigación

Problemas de Demanda

Nun problema de Demanda, un recurso escaso debe ser repartido entre un grupo de demandantes. Existe unha ampla literatura relacionada con este tipo de problemas que cobre situacións como a bancarrota ou o racionamento, a distribución de bens escasos como vacinas, alimentos, auga, ou a cota de emisións de CO2.

Valores ponderados para xogos cooperativos

Os xogos cooperativos modelan situacións nas que un grupo de axentes deciden cooperar nun proxecto común co obxectivo de maximizar a ganancia conxunta. Unha das solucións que permiten distribuír o beneficio global entre os axentes participantes é o valor de Shapley. O propio Shapley avanzou a posibilidade de introducir asimetrías exóxenas entre os axentes, abrindo a porta ao estudo de valores ponderados.

Xeometría do núcleo dun xogo coalicional

O núcleo dun xogo coalicional é un concepto esencial na teoría de xogos cooperativos, xa que os pagos que pertencen ao núcleo son estables. Desde o punto de vista matemático, o núcleo é un politopo convexo contido nun hiperplano. Unha análise profunda da estrutura deste conxunto (as súas caras, vértices, volume, simetrías, etc.) e das súas propiedades de monotonía respecto dos parámetros do xogo, permite comprender mellor as solucións que seleccionan un pago estable.

Oferta de Servicios de Transferencia

Programas informáticos de cálculo de solucións de Xogos Coalicionais

A complexidade computacional das solucións de xogos cooperativos é, en xeral, enorme. Na práctica, non é posible o cálculo exacto das mesmas para problemas cun número de axentes que supere os trinta. Con todo, para determinadas clases de xogos (xogos do aeroporto, xogos de bancarrota etc.) poden definirse algoritmos eficientes de cálculo dalgunhas solucións.

 


Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Navarra e Profesora Titular de Universidade no Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo.


O seu interese prioritario céntrase no ámbito das finanzas sostibles e na medición da igualdade de xénero no ámbito laboral para o seguimento e transmisión de información corporativa sobre sostibilidade.

Liñas de Investigación

Finanzas sostibles

Medición da igualdade de xénero no ámbito laboral

Oferta de Servicios de Transferencia

Igualdade de xénero no traballo

Apoio na diagnose da igualdade de xénero no ámbito laboral e propostas de mellora.

 


Profesora Titular de Universidade no Departamento de Economía financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo, e doutora en Economía pola mesma universidade.

O seu campo de investigación está centrado na responsabilidade social corporativa (RSC), dentro do cal se poden diferenciar dúas liñas. A primeira, referida á comunicación da RSC, analizando factores determinantes, a comparación da comunicación coa xestión da RSC (medindo o posible “greenwashing”), así como a verificación da comunicación. A segunda, relacionada coa medición e efecto dos desequilibrios de xénero nas empresas.

Liñas de Investigación

Comunicación da Responsabilidade Social Corporativa

Análise de factores determinantes, comparación da comunicación coa xestión da RSC (medindo o posible “greenwashing”), así como a verificación da comunicación.

Medición e efecto dos desequilibrios de xénero nas empresas

Oferta de Servicios de Transferencia

Formación en Contabilidade de Custos

Formación en Diagnose e Auditoría Retributiva 

 

COLABORAN

Loader image

   


Profesora de IE Business School (IE University), Departamento de Contabilidade e Control. Doutora pola Universidade Carlos III de Madrid.

A súa investigación céntrase na área de auditoría, en concreto no estudo do mercado e a profesión auditora. Publicou os seus traballos en revistas nacionais e internacionais (Accounting, Auditing and Accountability Journal, Accounting and Business Research; Accounting History; Auditing: A Journal of Practice and Theory; European Accounting Review; Managerial Auditing Journal; Journal of Business Research) e participou en proxectos de investigación públicos e privados.

É membro do Comité Editorial de varias revistas (Accounting, Auditing and Accountability Journal; Accounting Business Research; Journal of Accounting and Public Policy; Accounting History; Revista Española de Financiación y Contabilidad; Journal of Accounting and Organizational Change). Tamén colaborou como avaliadora de proxectos de investigación para distintas axencias (Axencia Estatal de Investigación).

Liñas de Investigación

Informes de transparencia das firmas de auditoría /evolución e contido dos informes de transparencia publicados polas auditoras en Europa.

Diversidade de xénero na profesión auditora /análisis dos cambios na profesión auditora nos últimos años.

Política de rotación das firmas de auditoría /análise das decisións do regulador sobre a rotación obrigatoria da firma de auditoría e os seus efectos no mercado de auditoría.

Valor engadido do informe de auditoría no sector público /análise das universidades públicas en España.

Análise histórica da relación entre a contabilidade e estado /estudo dos procesos de rendición de contas e o rol da contabilidade en períodos de transición.

 


Doutor en Economía pola Universidade do Porto. Estudos postdoutorais como Marie Curie Research Fellow na Toulouse School of Economics. Catedrático de Economía na Universidade do Porto. Foi prorector desa universidade.

O seu traballo de investigación céntrase na Teoría microeconómica, os Mercados con información, a Economía do comportamento e a Organización industrial.

Liñas de Investigación

Teoría microeconómica

Mercados con información

Economía do comportamento

Organización Industrial

 

 


Investigador postdoutoral na Universidade de Vigo. Profesor invitado asociado do Instituto Superior de Contabilidade e Administración de Porto e do Instituto Superior de Ciencias Empresariais e de Turismo. Doutor en Análise económica e estratexia empresarial pola Universidade de Vigo, recoñecido pola Universidade de Porto cos dereitos inherentes ao título académico portugués de Doutor en Xestión, rexistrado co número 320220029256.

O seu traballo céntrase no desenvolvemento sostible, e as súas áreas de interese inclúen o comportamento do consumidor en relación cos produtos alimenticios sostibles, onde o viño está incluído, e o desenvolvemento de modelos para a implementación e adopción de prácticas sostibles nas empresas, especialmente no sector vitivinícola.

Liñas de Investigación

Comportamento do consumidor cara a produtos sostibles /Os chamados produtos sostibles son unha das tendencias máis importantes na actualidade no sector alimentario. Con todo, segundo os resultados obtidos da avaliación empírica, a través dun estudo experimental e a administración dun cuestionario, é importante ter en conta:

  • A distinción entre diferentes grupos de consumidores ao avaliar a naturalidade dos alimentos.
  • “The Attitude-Behaviour Gap”, yxa que a relación actitude-comportamento depende doutros factores, como a tolerancia do consumidor á ambigüidade.
  • Os sinais extrínsecos, porque estes inflúen na percepción dos consumidores e no seu comportamento de compra.
  • A percepción do sabor dos consumidores ou os hábitos de consumo unha vez que levan os consumidores a reaccionar de maneira diferente a estes sinais.

A evidencia obtida mediante o uso de métodos cuantitativos confirma que as estratexias de márketing deben ter en conta diferentes interpretacións que os administradores e formuladores de políticas poden implementar para desenvolver e adoptar intervencións políticas efectivas.

Aproximación cara aos ecosistemas emprendedores /O enfoque na sustentabilidade é unha das diferentes estratexias adoptadas polas empresas que buscan argumentos para diferenciarse dos seus competidores. Con todo, as empresas teñen que enfrontar varias barreiras para adoptar prácticas sostibles. O enfoque de ecosistema emprendedor, como ferramenta, axuda a comprender e identificar mecanismos para eliminar estas barreiras.

Oferta de Servizos de Transferencia

Apoio e colaboración con empresas

Colaboración con empresas, en especial no sector vitivinícola e na distribución de comida, en áreas como o posicionamento estratéxico, os procesos de mellora continua, o desenvolvemento sostible e a internacionalización

 


Catedrática de Análise Matemática da Universidade de Vigo. Actualmente xubilada.

O seu traballo de investigación céntrase en modelos económicos que requiren garantir a existencia de representación numérica das preferencias como poden ser os modelos que analizan recursos naturais sen horizonte temporal.

Liñas de Investigación

Modelos Económicos

 


Profesor asistente de Finanzas en Católica Porto Business School, Universidade Católica Portuguesa e profesor asociado na School of Economics and Finance, Queen Mary University de Londres.

O seu traballo céntrase na xestión de activos, fixación de prezos de activos, incerteza nos mercados financeiros, optimización de carteiras, xestión de riscos, risco de volatilidade e risco de correlación, con especial atención na previsión de rendementos de accións, derivados, estratexias comerciais baseadas en derivados e fondos de cobertura.

Liñas de Investigación

A súa investigación céntrase no ámbito da Economía financeira. Traballa na análise da incerteza nos mercados financeiros como o tema principal da súa axenda de investigación (pasada, actual e prospectiva) explorada en diferentes temas teóricos e empíricos relacionados coa fixación de prezos de activos de equilibrio xeral, a xestión de activos e a previsibilidade do rendemento dos activos.

Un primeiro conxunto de investigacións está relacionado coa Ambigüidade sobre a volatilidade estocástica dos rendementos dos activos, estudándoa no contexto dun modelo de valoración de activos de equilibrio xeral, o seu impacto nas decisións de carteira dinámicas óptimas e a fixación de prezos de opcións.

Outra liña de investigación é o Uso de información no dominio da frecuencia para o prognóstico fóra de mostra das primas de risco de accións e bonos e as súas implicacións para a xestión dinámica de carteiras.

Por último, traballou tamén sobre o Risco de correlación nos mercados de valores.

Oferta de Servizos de Transferencia

Métodos de prognóstico fóra de mostra máis confiables para os rendementos de diferentes clases de activos.

Indicadores adiantados máis precisos dos mercados financeiros e, en consecuencia, da economía no seu conxunto.

 


Catedrática do Departamento de Economía financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo, e Doutora en Economía pola mesma universidade. Actualmente xubilada.

O seu traballo vira ao redor da información contable, con dous ámbitos de interese: o uso eficiente do output informativo interno para a toma de decisións no ámbito público, con especial interese no caso de hospitais e universidades; e a análise da información corporativa de sustentabilidade e a súa verificación.

Liñas de Investigación

Eficiencia no uso da información de Contabilidade de custos e xestión

Eficiencia no uso da información de xestión no sector público explicita o obxectivo xenérico desta liña de traballo, na que se aborda, desde moi diferentes perspectivas, que información obtida do modelo contable de xestión é adecuada para o proceso de toma de decisións en distintos niveis en organizacións do sector público. Estudo de casos de desenvolvemento do proceso de implementación e posterior utilización do modelo contable de custos/xestión en hospitais e universidades.

Información de RSC, desempeño e comunicación

Análise do fenómeno do lavado de imaxe ou greenwashing (GW) desde diferentes perspectivas. Trátase de comprender mellor o GW e analizar cales son as características que fan que as empresas sexan menos ou máis propensas a practicalo. O GW é unha construción abstracta que non se pode medir ou observar directamente. Isto significa que se poden obter diferentes resultados utilizando outros estimadores, de aí a importancia de avanzar no coñecemento deste fenómeno.

Dimensión económica da Responsabilidade Social Corporativa. Contido e métricas.

A dimensión económica da Responsabilidade Social Corporativa (RSC) non foi investigada como a social ou a ambiental. Nesta liña abórdase a análise en profundidade do concepto da RSC económica, de forma que se contemple como unha dimensión básica que require a súa conceptualización para delimitar o seu contido, xestionala e medila, de forma que as empresas poidan elaborar información sobre esta dimensión, para a comunicación dos impactos económicos xerados pola súa actividade empresarial.

Oferta de Servizos de Transferencia

Modelo contable interno

Soporte para o deseño e implantación de modelos contables internos que faciliten a elaboración de información para a toma de decisións.

Información de sustentabilidade

Soporte formativo para o deseño e implantación de modelos de información de sustentabilidade acorde á lexislación.

Igualdade de xénero no traballo

Apoio no diagnóstico da igualdade de xénero no ámbito laboral e propostas de mellora.

 

 


Profesor Adxunto do Instituto Superior de Ciencias Empresariais e Turismo (ISCET-Porto), Coordinador da Licenciatura en “Xestión de Empresas” e do Máster en “Xestión e Negocios”. Profesor convidado do Instituto Superior de Contabilidade e Administración da Universidade de Aveiro (ISCA-UA). Doutor en análise económica e estratexia empresarial pola Universidade de Vigo, recoñecido pola Universidade do Porto cos dereitos inherentes ao título académico portugués de Doutor.

O seu traballo céntrase en estudos relacionados coas finanzas corporativas, especificamente dos mercados financeiros, entre outros, e as súas áreas de interese inclúen finanzas conductuales, alfabetización financeira, política de dividendos, estrutura de capital, financiamiento e sustentabilidade corporativa.

Liñas de Investigación

Mercados financeiros

Comportamento dos mercados financeiros e determinantes e impactos das diferentes áreas das finanzas conductuales (política de dividendos, estrutura de capitais, financiamiento e investimentos), así como a importancia e relevancia da alfabetización financeira na mellora da calidade de vida das poboacións, especialmente na preparación para a xubilación.

As finanzas corporativas son unha das áreas máis cruciais para as empresas no que respecta a orientacións e decisións estratéxicas, na xestión adecuada da liquidez e avaliación de rendemento. Permiten que as empresas identifiquen e mitiguen riscos, obteñan financiamiento, invistan de maneira intelixente e maximicen o valor para os accionistas, permitindo a sustentabilidade e crecemento da empresa.

Estudar os mercados financeiros é vital para entender a saúde macroeconómica e microeconómica, garantindo a asignación eficiente de recursos e a formación adecuada de prezos dos activos e potenciar a rendibilidade dos investidores. Os mercados financeiros son cruciais para a implementación de políticas regulatorias e monetarias eficaces e para promover a educación financeira.

Alfabetización financeira

Estudar a alfabetización financeira e contribuír ao aumento do coñecemento financeiro é esencial para capacitar aos individuos na toma de decisións financeiras informadas, promovendo a xestión responsable do diñeiro, a planificación a longo prazo e a prevención de endebedamentos excesivos. Unha boa alfabetización financeira fortalece a resiliencia económica dos individuos, reduce a vulnerabilidade a fraudes e prácticas financeiras predatorias e, nunha escala máis ampla, contribúe á estabilidade e saúde do sistema financeiro e económico dun país e mellora a calidade de vida das poboacións.

Oferta de Servizos de Transferencia

Seguimento dos determinantes e da rendibilidade de mercados e empresas, eleccións de formas de financiamiento polas empresas permitindo a sustentabilidade empresarial, e estudar a alfabetización financeira na poboación portuguesa.

 


Profesor Axudante Doutor no Departamento de Economía financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo.

O seu traballo xira en torno ao uso dos sistemas de contabilidade e control de xestión nas políticas financeiras das pequenas empresas. En particular, céntrase na intersección entre os mencionados sistemas e as características máis relevantes na toma de decisións do emprendedor como a súa alfabetización financeira e o seu sistema cognitivo.

 

Liñas de Investigación

Intersección entre alfabetización financeira, sistemas de contabilidade e control de xestión e decisións financeiras

A súa investigación enfócase na relación entre a alfabetización financeira, os sistemas de contabilidade e control de xestión, e as decisións financeiras en pequenas empresas. Un maior nivel de alfabetización financeira en xestores asóciase con decisións financeiras máis informadas.

Por iso, a súa investigación trata de afondar en como os sistemas de contabilidade e control de xestión inflúen nas políticas de apancamento financeiro, liquidez e investimento en pequenas empresas. Concretamente, profúndase na interacción entre estes sistemas e as características persoais dos xestores, os cales xogan un papel máis relevante na configuración das políticas en organizacións de menor complexidade.

Entender os mecanismos que operan entre o uso da información contida nos sistemas de contabilidade e control de xestión, a posesión de coñecementos financeiros sólidos e a intuición dos xestores é o principal obxectivo da súa liña de investigación. Proporcionar evidencias neste contexto é crucial para comprender como as pequenas empresas poden optimizar o seu apancamento financeiro, mellorar a súa liquidez e tomar decisións de investimento máis efectivas en contornas altamente competitivas.

 

Oferta de Servizos de Transferencia

Alfabetización Financeira Empresarial

Facilita a comprensión e aplicación da alfabetización financeira en pequenas empresas, influíndo na toma de decisións financeiras e a xestión.

Sistemas de Contabilidade e Control

Ofrece apoio para o deseño e implementación de sistemas de contabilidade e control de xestión efectivos que impulsan decisións financeiras máis informadas.

Innovación e Rendemento en Empresas Incubadas

Analiza como a competencia financeira dos emprendedores impacta na innovación e o rendemento en empresas incubadas.

 


Doutora en Economía pola Universidade Carlos III de Madrid. Estudos postdoutorais como bolseira Marie Curie na Universidade Nova de Lisboa. Catedrática de Fundamentos da Análise Económica na Universidade de Salamanca.

O seu traballo de investigación céntrase na Teoría Económica, a Teoría de Xogos, o Equilibrio xeral e a Economía Matemática.

Liñas de Investigación

Teoría económica

Teoría de xogos

Equilibrio xeral

Economía Matemática


Full profesor na Feliciano School of Business, da Montclair State University. Contable Pública, Licenciada pola Universidade de Buenos Aires e Doutorada pola Rutgers New Jersey State University.

O seu traballo céntrase na información contable, con especial interese na análise da información corporativa de sustentabilidade e a súa verificación.

Liñas de Investigación

Información de RSC, desempeño e comunicación

Análise do fenómeno do lavado de imaxe ou greenwashing (GW) desde diferentes perspectivas. Trátase de comprender mellor o GW e analizar cales son as características que fan que as empresas sexan menos ou máis propensas a practicalo. O GW é unha construción abstracta que non se pode medir ou observar directamente. Isto significa que se poden obter diferentes resultados utilizando outros estimadores, de aí a importancia de avanzar no coñecemento deste fenómeno.

Dimensión económica da Responsabilidade Social Corporativa. Contido e métricas.

A dimensión económica da Responsabilidade Social Corporativa (RSC) non foi investigada como a social ou a ambiental. Nesta liña abórdase a análise en profundidade do concepto da RSC económica, de forma que se contemple como unha dimensión básica que require a súa conceptualización para delimitar o seu contido, xestionala e medila, de forma que as empresas poidan elaborar información sobre esta dimensión, para a comunicación dos impactos económicos xerados pola súa actividade empresarial.

Oferta de Servizos de Transferencia

Información de sustentabilidade

Soporte formativo para o deseño e implantación de modelos de información de sustentabilidade acorde á lexislación.

 

EN FORMACIÓN

Loader image


Graduado en Psicoloxía e Máster Interuniversitario en Técnicas Estatísticas, ambos na Universidade de Santiago de Compostela. Estudante de doutoramento da Universidade de Vigo no Programa de Análise Económica e Estratexia Empresarial.

Traballa na integración de variables psicolóxicas en sistemas de contabilidade e control de xestión.

Liñas de Investigación

Sistemas de Contabilidade e Control de Xestión

Benestar Laboral

Motivación

Autoeficacia e Autoconcepto

Estrés Laboral

Oferta de Servizos de Transferencia

Análise estatística de clima organizacional

Formación en preprocesado, análise e interpretación de datos

Formación en estratexias de afrontamiento, desenvolvemento da autoeficacia e mantemento da motivación

Deseño e avaliación de cuestionarios

 

JAIME-OLMO-CASALDEREY-RGEAF-UVIGO


Profesor asociado de Universidade no Departamento de Economía financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo, Master en Administración Integrada de Empresas e RSC pola mesma universidade.

O seu traballo céntrase na auditoría de contas e en xeral no aseguramento da información financeira.

Liñas de Investigación

Información de RSC, desempeño e comunicación

Información corporativa en materia de sustentabilidade. Análise sobre normas e estándares de presentación da información sobre sustentabilidade e diversidade, e criterios para a súa verificación.

Contabilidade de xestión e auditoría, como ferramentas de comunicación, goberno e control da actividade empresarial.

Auditoría de contas anuais.

Oferta de Servizos de Transferencia

Información de sustentabilidade

Asesoramento e preparación de Estados de Información Non Financeira de acordo con Lei 11/2018 sobre a base de Global Reporting Initiative.

 


Estudante de doutoramento da Universidade de Vigo no Programa de Análise Económica e Estratexia Empresarial. Actualmente é investigador contratado do Programa Investigo.

O seu traballo céntrase no sector da mobilidade dunha maneira integral, pero tratando principalmente a cadea de valor, o márketing industrial, emprendemento e estudos rexionais.

Liñas de Investigación

Eficiencia na Investigación e Análise de Mobilidade

Dedicado a explorar a mobilidade desde unha variedade de ángulos, o meu traballo céntrase na eficiencia no uso da información e datos relacionados coa nova mobilidade. Analizo como as empresas e as organizacións, tanto públicas como privadas, están a implementar a nova mobilidade e o seu impacto nos novos modelos de negocio. A través da miña investigación, estudei o desenvolvemento e aplicación de diversos modelos de mobilidade en diferentes empresas e sectores.

Marketing Industrial: Perspectivas e Estratexias

Cunha profunda inmersión no campo do márketing industrial, investigo as dinámicas e estratexias que permiten ás empresas sobresaír nunha contorna competitiva. O meu obxectivo é entender os matices e tendencias que definen o éxito no márketing industrial e ofrecer insights que poidan ser aplicados na práctica. Este estudo a miúdo tradúcese na identificación de patróns de comportamento e recomendacións estratéxicas.

Dirección Estratéxica e Emprendemento: Conceptualización e Métricas

A miña liña de investigación en dirección estratéxica busca proporcionar unha comprensión máis clara e concreta das estratexias efectivas no mundo empresarial. En paralelo, estudo o emprendemento desde unha perspectiva analítica, tentando desentrañar os factores que contribúen ao éxito ou fracaso das startups. En ambos os campos, busco desenvolver métricas e ferramentas que axuden aos axentes públicos, organizacións e emprendedores a tomar decisións máis informadas e efectivas.

 

Oferta de Servizos de Transferencia

Eficiencia na Mobilidade Urbana

Asistencia no deseño e implementación de sistemas e modelos de mobilidade para optimizar a xestión do tráfico urbano e promover a mobilidade sostible, co obxectivo de facilitar decisións estratéxicas para cidades e organizacións.

Estratexias de Marketing Industrial

Soporte especializado na creación e posta en marcha de estratexias de márketing adaptadas ao sector industrial, incluíndo a formación e ferramentas necesarias para lograr un impacto positivo no mercado.

Dirección Estratéxica e Fomento do Emprendemento

Apoio e orientación na definición e execución de estratexias empresariais efectivas. Adicionalmente, ofrezo mentoría e formación dirixida a emprendedores, facilitando ferramentas e coñecementos esenciais para o lanzamento e crecemento de startups.

 

Utilizamos cookies para mejorar tu experiencia de usuario, pero sólo se activarán si aceptas nuestra Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies